Canto a
utilidade medicinal,
empréganse as follas, as xemas, a zume e a casca.
As follas e as xemas conteñen,
sobre todo, flavonoides –o que lle confire notable efecto diurético- e
tamén principios amargos, taninos catéquicos e aceite esencial. As súas
aplicacións son:
·
Edemas: axuda a eliminalos líquidos
retidos no organismo, especialmente en casos de insuficiencia renal ou
cardíaca. A diferencia de outros diuréticos químicos, as infusións de
follas de vido no provocan a perda de grandes cantidades de sales minerais
coa urina, nin irritan os tecidos do ril e son capaces de rexeneralo e
desinflamalo, facendo diminuila eliminación da albumina coa urina en casos
de nefroses e insuficiencia renal.
·
Empréganse tamén con éxito no síndrome
premenstrual. Tomando esa tisana durante os días precedentes a regra,
aumenta o volume de urina e diminúe a inchazón dos tecidos, especialmente
en pernas, ventre y peitos.
·
Cálculos renais: as infusións de
follas y xemas de vido facilita a eliminación das areillas da urina e
impide que se formen cálculos renais. O uso da infusión está indicado
tanto durante o ataque de cólico nefrítico (de ril), como de forma
continuada para evitala formación de cálculos.
·
Depuración: as follas e xemas do vido
posúen un efecto depurativo sobre as sustancias tóxicas que recargan o
sangue, como o ácido úrico. De aí que as tisanas preparadas con elas
resulten altamente beneficiosas en caso de gota ou artritismo.
·
Afecciones de la pel: polo seu efecto
depurativo, o seu uso por vía interna resulta indicado para limpar a pel
de impurezas en casos de eccemas crónicos y celulites.
·
Chagas e feridas: en aplicación
externa, por medio de compresas, as follas e xemas posúen acción
antiséptica e cicatrizante sobre chagas e feridas, debido os taninos que
conteñen.
A casca do vido, ten propiedades
febrífugas. Tómase en decocción para baixala febre. O principio da
primavera, antes de que saian as follas, serrándolle unha rama o
pinchándolle o tronco, o vido pode proporcionar cada día varios litros de
deliciosa zume. Esta sabia ten as mesmas propiedades que se describen para
as follas, pero ademais constitúe unha agradable bebida. No norte de
Europa tómase a sabia para aproveitar dun cute branco e limpo.
Uso:
en Infusión de 20 a 50 grs. de follas e/ou xemas por litro de auga. Pódese
tomar hasta un litro diario. Como resulta un pouco amarga, convén
endulzala con mel ou azucre. Aa adición de 1 gramo de bicarbonato sódico
aumenta a eficacia da tisana do vido, pois os seus principios activos
disólvense mellor mo medio alcalino. Tamén en decocción da casca, de 50 a
80 gramos por litro de auga; ferver ata que se reduza a metade e tomar 2
ou 3 cuncas diarias endulzadas con mel. O zume tómase diluído en auga (ó
50%) a modo de bebida refrescante. Hai que evitar que fermente. Para uso
externo, en compresas sobre a pel que se fan coa mesma infusión que se
describe para uso interno.