|
Viduedo
participa activamente na campaña "Axuda a Fátima" con diferentes accions
entre as que está a de patrocinar a web:
http://fatimagarcia.axudasolidaria.org/
FÁTIMA GARCÍA
naceu no 1.985, é filla dunha familia humilde. Vive na
localidade Ourensán de Maside e leva loitando desde os 11 anos contra unha
grave enfermidade moi pouco habitual nos nenos (o hemanxioperocitoma).
No 1.996 empeza o seu periplo de centro en centro
hospitalario, cando lle diagnostican un tumor na boca; nos dous anos
seguintes o tumor desarrollou metástase nos pulmóns. Esta situación
obrigou a sometela a varias sesións de quimioterapia, que non tiveron
éxito e que aumentaron máis as lesións no pulmón. Nos Hospitais de A
Coruña e La Paz (Madrid) deuse o seu caso como perdido, o non haber
tratamento posible, e rexeitouse seguir coa medicación.
En Abril do 1.998, na procura desesperada dunha esperanza,
viaxa o Hospital MD Anderson Cancer Center, de Houston, onde estivo
internada 7 meses. Someteuse a sesións de quimioterapia e a un tratamento
a base de Interferón, que fixeron desaparecer a metástase dos pulmóns e do
colo. Desde aquela continuou os tratamentos en España e Houston.
En Abril do 2005 sufriu unha recaída, que a obrigou a
desprazarse urxentemente a Houston. Téñenlle practicado unha traqueotomía
e está pendente de empezar un tratamento experimental, con experiencias
positivas en pacientes semellantes. Agora está en marcha unha
campaña para recaudar fondos con destino ós tratamentos que lle están a
facer no MD ANDERSON CÁNCER CENTER de Houston...
¡¡AGARDAMOS O TEU DONATIVO!!
Visita a web e poderás facelo on-line |
|
No ano do "Inxenioso Hidalgo", Biduedo tamen
colabora
Unha edición do QUIXOTE, do ano 1.796,
de máis de 2000 páxinas e 100 láminas orixináis está a ser dixitalizada
para que os internautas podan acceder a ela a través da nosa web
 |
|
Con 81 documentos dos anos 1.587, 1626,
1752, 1855, 1883, 1896 e
1907-1924, pomos en marcha o fondo documental histórico de Viduedo
 |