Páxina Principal
    Almazonas e Cabezudos
    San Pantaleón
    Álbum fotográfico
    Mapas
    Asociación de veciños
    Hemeroteca
biduedo.com     O vido

 

 

MONUMENTAL

A ruta Xacobea do Sudleste, coñecida tamén como VIA DA PLATA ou CAMIÑO MOZÁRABE pode considerarse, sin marxe de error, unha das rutas cara Santiago mais vellas que existen e conta coa peculiaridade, moito máis no tramo entre Ourense e San Cristovo de Cea, de que non ten un único itinerario histórico senon que ofrece dúas alternativas que se xuntan precisamente no concello de San Cristovo de Cea.  

Se tomamos como referencia o libro que ten publicado o cura de Bandeira (José Espiño Matos), que leva por tíduo: "El Camino de Santiago por el sudeste" veremos que ata a localidade de Casasnovas aparecen non só duas, senón ata cinco posibles rutas desde Ourense.

A explicación de esto atópase no propio carácter deste Camiño Xacobeo que ten históricamente un marcado carácter comercial e que, precisamente por elo, manexaba unha importante actividade económica en feiras e romarías. Esta característica era ben coñecida polos “señores” que tiñan posesións no percorrido e que aproveitaban para cobrar taxas de paso –“portazgos”-  polas súas terras.

Foi así que cando o paso entre Sobral e Vilarnaz resultou excesivamente caro, abriuse outra ruta que bordeaba as terras propias destas localidade se chegaba directamente a Tamallancos. Coincidindo con elo, a Feria de Bouzas cobrou un empuxe e importancia moi relevante se todo elo conduciu a que se implantaran en Bouzas unhas taxas de “portazgo” outravolta excesivas que obrigou a abrir unha nova ruta secundaria que daba directamente a localidade da Ponte Mandrás e pasaba por Viduedo

O
devandito ten un precedente histórico e xeográfico que bifurca en Ourense cidade a propia Vía da Plata e que, como xa dixemos, non volve a unificala ata chegar a San Cristovo de Cea. O nacemento dunha alternativa o trazado antigo da Ruta da Plata é unha consecuencia do “fielato” –imposto que tiñan que pagar todolos visitantes dunha cidade para poder entrar con fins comerciais ou desenvolver calquer actividade, ainda que fora de paso-; así, todolos pelegrinos que quixeran pasalo Miño pola Ponte tiñan que pagar este imposto, o cal diu como resultado que os viaxeiros optaran por rutas alternativas pasando o Miño en barca –escapando así o control das autoridades e evitando os impostos-. Foi así que, como queira que os barqueiros estableciánse en diferentes lugares do Miño ourensán, a xente que cruzaba o río en barca non retomaba o Camiño Xacobeo orixinal –que leva directamebnte a Coles- senón que foron abrindo traxectos para sortear as taxas e impostos que ían xurdindo.

Unha das rutas alternativas é o chamado  Camiño Real da Cova da Lebre que pasa por Viduedo, moi perto dun lugar que se coñece como Pena da Lebre. No século  XVIII, o  arcebispo Malvar y Pinto quixo correxi-la traxectoria de esta vía, buscando un atallo, e realizou unha importantísima obra de inxeniería  que desde Canedo enlaza coa Cima da Costa e que se chama “A costiña de Canedo”, porque a pesar de que reduce a distancia, o desnivel é tan considerable que en ocasions acada un 18%, que rematou pasando a tradición na cantiga:

Ay, Ay, Ay, a costíña de Canedo.
Alí perdín a trema do pelo.

É a ruta tradicional que pasa polos Chaos de Amoeiro e Viduedo cunha importantísima riqueza histórico-monumental (máis de unha ducia de Pazos dun valor arquitéctonico extraordinario, “Casa de labranza” e localidades cunha arquitectura civil destacable, varios Conventos entre os que se atopa o primeiro Convento Femenino que o Císter fundo na península Ibérica, eirexas, capelas, cruceiros, petos de ánimas, pontes e vestixios prehistóricos). Por outra parte, a riqueza paisaxística atopa un punto de converxencia en camiños e corredoiras moi axeitados para a práctica do sendeirismo.

 

Peto das ánimas
Escudo do "Palacio"
Cabaceiro "Eira dos Ferreños"
Fachada "Casa da Alén"
Cabaceiro "Casa da Alén"

Capela de San Pantaleón

Lareira da "Casa da Alén"

Curral da  "Casa da Alén"

Rua

Rua do Lagarto

Rua

Rua da Alén

Casa na "Eira dos Ferreños"

Antiga Casa da Escola

Cabaceiro do Liñar

Fonte do Liñar

Casa

Web site deseñado por OURENSE DIXITAL AC  en colaboración co CENTRO DE INICIATIVAS SOCIOCULTURALES E DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Webmaster: Rori González     Documentalista: Jon Francisco González     Dixitalizacions: Analén Katarina González

patrocinan a páxina as entidades:  GRUPO CASA ALEN SL 

(c) OURENSE DIXITAL  2004 - ALTERNATIVA EDITORIAL

contactar