Álbum fotográfico
    Almazonas e Cabezudos
    San Pantaleón

ver NOTICIAS

Monumental
Mapas
    Asociación de veciños
    Hemeroteca
biduedo.com     O vido

 

 

"PROCESIÓN DAS ANTORCHAS XULLO 2005"

 

ARQUIVO DIXITAL DE DOCUMENTOS HISTÓRICOS

 

O topónimo VIDUEDO ou BIDUEDO ven dos vocablos “bidueiral” ou “biduido”, que é a  denominación  que se lle da os lugares onde hai abundancia de “vidos” ou “bidueiros”.

 

 

Topónimos:

VIDUEDO ou BIDUEDO

Parroquia: PEREDA
Concello: SAN CRISTOVO DE CEA
Provincia: OURENSE
GALICIA (Europa)
 

 

 

Na estrada N-525 -Ourense-Santiago-, a 693 metros de altitude e entre a Serra Martiñá e a comarca natural de Os Chaos de Amoeiro, Viduedo é un asentamento rural –posiblemente xurdido fai unhos cincocentos anos- que hoxendía agrupa nun único núcleo de poboación a dous pobos orixináis: o propio Viduedo e a Alén, con arredor de cincoenta veciños e unhos cen habitantes,

A dispersión inicial do actual asentamento é perfectamente visible ainda na actualidade a través da súa disposición urbanística, que se articula en barrios: “O Campo”, a “Cubeliña”, o “Lugar”, o “Cornello”, a “Laxiña”, o “Palacio”, o “Agro”, o “Cacifo”, a "Cruz" e a “Alén”. Compre deterse nas denominacións dos distintos barrios:

O “Lugar” ou núcleo orixinal do pobo de Viduedo, que está delimitado por un polígono imaxinario que ten os vértices na Eira dos Ferreños, na antiga “Fonte do Lugar” e a capela. Posiblemente o nome de “lugar” lle veña da expresión “lugar acaseirado” que era como se lle chamaba a unha casa -podía perfectamente ser o conxunto coñecido como “Casinos”, a beira da eira dos Ferreños- con terras de cultivo.

O “Cornello”, denominación que moi posiblemente evolucionara da inicial de “Cornecho” xa que, esta última, da nome o sitio que queda no extremo de algo e, máis concretamente, dun terreo ou propiedade que moi ben podería ser o conxunto do “Lugar”, co que linda.

A “Cubeliña”, nome de orixes incertos por canto pode vir da palabra “cobeliña” -vagoada pequena, ou de “couval” –horta onde se plantan verzas- e tamén de “coviliña” –casa escura e pobre-.

A “Laxiña”, derivación de “laxa” –penedo grande que presenta a flor de terra unha superficie lisa- e que fai referencia expresa o penedo sobre o que se erguen as casas deste barrio.

O “Palacio”, denominación da que compre suliñar que garda semellanzas coa de “Pazo” pero que se refire, concretamente, a residencia sumptuosa dun persoaxe importante; barrio no que, efectivamente, erguese o “Palacio” que ten o escudo de armas máis importante da ruta xacobea mozárabe ou da plata.

O “Agro”, que como o seu nome indica fai referencia ó conxunto de terreos cultivados ou cultivables que quedaban perto du núcleo urbán do pobo.

O “Campo”, que significa “sitio espazoso fora dunha poboación” e que  posiblemente é o barrio de máis recente construcción –con cen anos de antigüedade- de Viduedo.

O “Cacifo”, xenéricamente chámaselle “cacifo” a calquer vivenda, lugar ou recipiente que está destiñado a conter cousas de pouco valor; pero tamén pode vir de “cacipo” que, en algunha das súas acepcións, refírese a un lugar onde se criaban coellos ou no que había un cabaceiro de escaso valor.

A "Cruz", se ben semella que o vocablo debería facer referencia a existencia dunha cruz ou dun cruceiro, non pode descartarse etimolóxicamente que se refira a un marco ou pedra que sinalara algún límite territorial, así como o feito de que se empregue a palabra "cruz" para facer referencia a cruces de camiños.

Por último queda a “Alén”, que etimolóxicamente ven a significar “máis alá de”, “que non pertenece a”  ou “da parte de alá de” –neste caso sería “máis alá de Viduedo” ou “da parte de alá de Viduedo” ou “que non pertenece a  Viduedo”-

Escribir/contactar

Web site deseñado por OURENSE DIXITAL AC  en colaboración co CENTRO DE INICIATIVAS SOCIOCULTURALES E DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Webmaster: Rori González     Documentalista: Jon Francisco González     Dixitalizacions: Analén Katarina González

patrocinan a páxina as entidades:  GRUPO CASA ALEN SL 

(c) OURENSE DIXITAL  2004 - ALTERNATIVA EDITORIAL

contactar