O
termo
“Almazonas”
para
referirse a unha parella de xigantes está moi estendido no norte de
Portugal pero na Galiza tan só ten un referente de utilización: Viduedo.
Se ben
hai quen defende que o vocablo ALMAZONAS é unha corrupción da
palabra “amazona”, a tese que semella máis axeitada, tendo en conta o
aspecto das de Viduedo, é que derive de “almazón” (adxectivo que se
aplica as persoas corpulentas e de grande corpo).
O que
queda para a especulación é o emprego da forma feminina para referirse a
elas: “almazonas” –semella que unha de elas representa a unha muller pero
é absolutamente seguro que a outra é un home- e tamén a curiosidade de
que se fale sempre de “almazonas” en plural. Esta costume abre outras
posibilidades etimolóxicas xa que podería ser que o termo ALMAZONAS
viñera de “armazón”, que en galego é un substantivo feminino, e que fai
referencia o andamiaxe interior que sostén a cabeza das “almazonas” e
sobre do que vai a vestimenta; sería entendible, polo devandito, que a
costume fora de referirse as “armazóns” e de aí derivara tanto o termo
ALMAZONAS como o seu tradicional emprego en plural.
As
“Almazonas de Viduedo”,
que teñen uns cen anos de antigüidade, son dúas figuras de tres metros de
alto que constan dunha armazón interior que sostén unha cabeza pequena e
caricaturizada de boneco e tamén a vestimenta; dentro desta armazón vai
unha persoa que é quen move a cada unha de elas. Tamén hai que facer
referencia a que as “almazonas” teñen dous longos brazos que rematan nunca
man que ten o interior cheo de area para que se despracen con cada xiro ou
reviravolta.
Os
orixes das “Almazonas” son incertos pero podemos atopar unha valiosa pista
o relaciona-la existencia das “Almazonas de Viduedo” co propio camiño
Xacobeo da Vía da Prata ou Camiño Mozárabe. Na tradición oral, contase que
o xefe árabe Al-Mansur (ou Almanzor) fíxose acompañar, na súa campaña
militar que o levou a pasar a sangue e lume polas terras do Miño, dunhas
mulleres guerreiras de extraordinaria ferocidade que, co paso do tempo,
foron coñecidas como “as almanzoras”. Pode que as “Almanzonas de Viduedo”
sexan unha posta en escena máis dunha lenda xurdida nos ano 1.000 e que
deixou marca da súa condición pouco amigable nunhos xigantes como as
“Almanzonas de Viduedo” que semellan máis concibidos para agredir o
público que para calquera outra cousa.
Compre
tamén facer alusión a que no norte de Portugal chámanselle “almazonas” a
uns xigantes que, xunto cos “cabezudos”, teñen especial arraigo nos
festexos populares e son de semellante factura que as de Viduedo. Tanto é
así que María Emilia Sena de Vasconcelos escribía: “non ha no norte de
Portugal romaría grande sem un grupo de almanzonas e cabezudos”, sendo na
zoa portuguesa do “Alto Minho” (fronteiriza con Ourense) onde se concentra
a maior parte dos xigantes portugueses. A data documentada máis antiga
da presencia de “Almazonas e cabezudos” nas romarías miñotas é o ano
1.317