O
santo patrón de Viduedo é San Pantaleón e a súa festa-romaría celebrase o
27 de Xullo.
Segundo o santoral católico, estamos diante dun médico que naceu en
Nicomedia (actualmente Turquía) e que morreu decapitado o 27 de Xullo do
ano 305.
Tradicionalmente, San Pantaleón e o santo patrón dos SOLTEIROS, ENFERMOS
DE TÍSIS ou TUBERCULOSE, MÉDICOS e das VÍCTIMAS DAS TORTURAS.
En
realidade, o que se coñece de San Pantaleón procede dun antigo manuscrito
do século VI que se conserva no Museo Británico. No documento, empreñando
terminoloxía católica, dise que era “fillo do pagán Eubula” e “médico do
emperador Galerio Maximiano” en Nicomedia. Coñeceu a fe católica pero
deixouse levar polas costumes do mundo no que vivía e “sucumbiu moitas
veces diante das tentacións que debilitan a vontade e acaban coas
virtudes”. Nese intre aparece un cristián, de nome Hermolao, que o leva de
novo o seo da airexa católica.
No ano
303 empezou a persecución de Diocleciano en Nicomedia. Pantaleón doou toda
a súa facenda os pobres e eso ocasionoulle a cobiza de outros médicos que
o delataron as autoridades. Preso, xunto con Hermolao e outros dous
cristiáns, non quixo atender a petición do emperador, que quería salva-lo
da morte, e curou de inmediato a un paralítico para amosala verdade da súa
fe. Diante de eso, condenarono a morrer decapitado e tentaron de executala
sentencia de seis xeitos distintos: queimándoo, metendo en prono fundido,
afogándoo, botandoo as feras, torturando na roda de desconxuntamento e
atravesando cunha espada; pero Pantaleón saia unha e outra vez ileso.
Pantaleón entonces permite, segundo as crónicas do seu martirio, que o
decapiten e esta vez morre, coa peculiaridade de que das súas venas sae
leite en vez de sangue.
En Oriente conta cunha grande veneración como mártir e tamén como médico
que atendía gratuitamente os pobres; tamén tivo moitos devotos desde a
antigüidade en Occidente. Consérvanse algunhas supostas reliquias do seu
sangue en Madrid, Istambul e Ravello. Concretamente, as de Madrid están,
desde o ano 1.616, no Real Mosteiro da encarnación, custodiado polas
monxas Agustinas Recoletas. Esta reliquia, en estado sólido durante todo o
ano, sofre un estraño fenómeno aínda non explicado pola ciencia: o da
“licuefacción”. E dicir, na véspera do 27 de Xullo de cada ano, o sangue
faise líquido
e logo volta a pasar o estado sólido no que se mantén o longo do resto do
ano.